Vista dunha salas do Colexio San Clemente que albergaba a Sección Arqueolóxica da Exposición Rexional Galega, na que se ven diferentes elementos de mobiliario como cadeiras, arcóns e bargueños e varios cadros pendurados nas paredes. No medio da estancia, unha cama e dúas mesas. Na parede do fondo sobre un moble, a escultura de Francisco de Moas `A Virxe do cariño`
Sala do pavillón do Ministerio de Fomento da Exposición Rexional Galega. A esquerda, unha serie de vitrinas cuadrangulares; á dereita, vitrinas de mesa e dous manequíns
Sala do pavillón do Ministerio de Fomento da Exposición Rexional Galega. En primeiro plano, á dereita, un expositor con diferentes ferramentas e apeiros agricolas: unha serra de besta, cribos e peneiras e diferentes modelos de cestos. Detrás, unha vitrina con varios paxaros disecados na parte superor.
Sala dun pavillón da Exposición Rexional Galega con dous expositores: en primeiro plano, a fábrica de chocolates a vapor `La selecta` de Vigo e ao seu carón a de `La viticola catalana`
Sala dun pavillón da Exposición Rexional Galega coas dúas grandes vitrinas nas que se exhiben maquetas de gran tamaño de transatlánticos. Ao fondo, varios homes, un deles vestido con uniforme de mariñeiro.
Sala dunha sección de Belas Artes da Exposición Rexional Galega coas paredes cheas de cadros; no centro da sala, 4 esculturas e nas esquinas do fondo outras dúas.
Salón de Actos da Exposición Rexional Galega. Á esquerda, un órgano sobre unha tarima onde hai varios homes; á dereita, unha ringleira de cadeiras e unha tribuna superior da que penden tres reposteiros
Vista do interior dun dos pavillóns da Exposición Rexional Galega, con catro grandes columnas no centro e ventanais á esqueuda. No centro, un expositor con frascos e botellas, flanqueado por varios homes uniformados. A dereita, outro expositor tamén con botellas. En primeiro plano, á dereita, un home con bata.
Vista dun corredor do andar do claustro Colexio San Clemente que albergaba a Sección Arqueolóxica da Exposición Rexional Galega, na que se ven diferentes pezas distribuídas en ambas paredes: á esquerda, varias vitrinas a unha auga alternadas con cadeiras e varios cadros pendurados da parede; á dereita, mobiliario
Vista dunha sala do Colexio San Clemente que albergaba a Sección Arqueolóxica da Exposición Rexional Galega, na que se ven diferentes vitrinas con pezas de ouruvería relixiosa, destancado en primeiro plano a arqueta eucarística da Colexiata de Santa María do Campo da Coruña e dúas grandes custodias.
Vista dun corredor do claustro baixo do Colexio San Clemente que albergaba a Sección Arqueolóxica da Exposición Rexional Galega, na que se ven diferentes pezas distribuídas en ambas paredes: á esquerda, varias pezas de louza, ao fondo un tapiz e a esquerda columnas salomónicas e uns manequíns. Ao fondo, vixiante uniformado con gorra de prato.
Vista dunha salas do Colexio San Clemente que albergaba a Sección Arqueolóxica da Exposición Rexional Galega, na que se ven diferentes elementos de mobiliario como arcóns e bargueños; na parede hai varios cadros pendurados, destancando en primeiro plano o cadro `As fillas de Lot`
Recuncho do patio do Colexio San Clemente con diversas esculturas e columnas de pedra; á esquerda destaca un Santiago de Manto de grandes dimensións
Vista dun pavillón da Exposición Rexional Valenciana, con dúas torres laterais e tellado a dúas augas.
Vista dun pavillón da Exposición Rexional Valenciana, cun pórtico de columnas e unha gran cúpula.
Vista de dous pavillóns da Exposición Rexional Galega de planta circular; en medio, unha gran escalinata.
Fachada do Pavillón do Ministerio de Fomento na Exposición Rexional Galega
Fachada do Pavillón do Ministerio de Fomento na Exposición Rexional Galega
Pazo de Xelmirez, fachada do Obradoiro e galería do Claustro da Catedral.
Fachada das Praterías coa Fonte dos Cabalos en primeiro plano á esquerda; na fonte, unha muller colle auga nunha sella. No alto da escalinata hai dúas nenas sentadas.